miércoles, 10 de marzo de 2010

A DE RAFAEL

Posted by Picasa
Como xa vai sendo habitual neste ano volvimos a tomar o cocido a de Rafael y non defraudou. Comezamos cun caldo galego con cabaza un tanto doce, e máis unha sopa de cocido con fideos do máis saborosa, uns chicharrons realmente bos, acompañados dunhas croquetas estas regulares deseguido entran os grelos con patacas e filloas, servímonos e aparecen chourizos con garbanzos cocidos na mesma auga moi bos, ven o lacón un pelin duro, máis chourizos estes ceboleiros con castañas, chega a carne fresca xarrete de tenreira, polo de corral e a continuación a salgada costela, lingua, peteiro, cachucha de todo..., realmente todo moi ben cocido e gustoso. Pa remate uns melindres pequenos pero golosos (son máis ricos os de Berta), queixo do país con marmelo,tarta de queixo o forno, tarta de queixo con arándanos, tarta de chocolate, orellas e non podían faltar unhas filloas con mel flambeadas "cojonudas", Oscar de todolos xeitos prifireunas con azucre moito azucre. Unha experiencia moi gratificante, e agóra a recuperarse uns días sin colesterol, ven aí a lamprea.

jueves, 4 de marzo de 2010

NOTICIAS

Las catas de David Barco en el Fórum Gastronómico 2010 de Santiago de Compostela David Barco destacó el excelente envejecimiento en botella de los vinos albariños Rías Baixas, explicando que para nada son vinos que "están malos" Durante la celebración del Fórum Gastronómico que se realizó en Santiago de Compostela los pasados días 20 a 24 de febrero, el mediático sumiller gallego David Barco, presidente de la Asociación Gallega de Sumilleres, realizó diversas catas comentadas para la Denominación de Origen Rías Baixas en la sala de conferencias del recinto.. . .

jueves, 25 de febrero de 2010

Onte día 24 celebramos unha cata degustación de varios viños do grupo Inveravante AV+Bodegas y productos selectos, e a verdade foi o colofón que necesitaba despois de unhas xornadas, que veño de disfrutar neste Fórum Gastronómico Santiago´10, acompañaronnos dous enólogos do grupo, Josephine Perry australiana i elaboradora de adegas Nora, e tamén Bertrand Sourdais francés que está o fronte do proxecto de adegas Atauta, unha auténtica gozada, os viños, a exposicion dos proxectos, as ideas novas e frescas que imprimen estos técnicos, outra vision do saber facer ben as cousas. Comezamos cos viños D.O. Rias Baixas, Nora 2008 e Nora da Neve 2006 é 2007, pasando de seguido a D.O. Mancha cos tintos Mano a Mano e Venta la Ossa, finalizando con D.O. Ribera del Duero Atalayas, Dominio de Atauta e Valdegatiles, non podo esquecerme da empanada de Mª Carmen que é o remate perfecto para despois da cata seguir charlando o redor dunha botella de viño.Confío que o disfrutarades tanto como eu.
Posted by Picasa

miércoles, 2 de diciembre de 2009

VII CONCURSO DE CORTADORES DE JAMÓN IBERICO DE BARCELONA

Estos rapaces están que se salen, José manuel Miguez Cid e Julian Torres Ouro, CAMPEÓN e SUBCAMPEÓN galegos de cortadores de xamón do ano 2009, e agora Jose Miguez seleccionado para participar no campeonato de Barcelona, que pode ser nomeado para o campeonato de España. E tremendo, vaia ano.

lunes, 31 de agosto de 2009

Alma Atlántica

Hola, Despois de tanto tempo de sequia nas nosas actividades, vai sendo hora de reanudalas,e que mellor actividade para darvos a benvida de vacacions (outros marcharemos agora en setembro), neste acto que pretende harmonizar o viño a múseca e a gastronomía. Trátase de que durante a presentacion de cada un dos viños escoitemos unha peza musical acompañada de unha determinada tapa. Os viños o merecen, a múseca tamén pero vós non o sei?. Conto con todos vos para disfrutar en compaña e seguir enriquecéndonos de toda esta cultura. Necesito saber si vades vir ou non, para argallar todo en funcion da cantidade de xente. Por iso rógovos a confirmación. Unha aperta e ata o vindeiro xoves día tres de setembro as 8 de seran.
Posted by Picasa

lunes, 13 de julio de 2009

CATA ADEGAS VALMIÑOR

UNHA NOVA ACTIVIDADE, COMO DESPEDIDA DE VACACIONS ATA O VINDEIRO OUTONO. CRISTINA MANTILLA QUE VOLVE A SORPRENDERNOS CUN NOVO VIÑO, UN ROSADO ELABORADO EN RIAS BAIXAS. PROBAREMOLO CON ANSIA.COMENTAMOLO ATA LOGO
Posted by Picasa