jueves, 23 de abril de 2009

RIEDEL

Quero agradecer dende aqui a oportunidade que me brindaron tanto COPAMA como RIEDEL, de poder disfrutar de actos como este e facer partícipe os meus amigos e compañeiros. GRAZAS

COPAS RIEDEL

Sencillamente espectacular, onte disfrutamos dunha catado máis gráfica e clarificadora. Quedou perfectamente aclarado que copa é a adecuada para cada bebida. En canto os viños foi moi claro pero en destilados( probamos un ron e un whisky) espectacular, de cheirar alcool nunha copa de brandy de toda a vida a descubrir todos los aromas do ron, bueno un "caramelo", e o whisky (lagavulin) esas notas iodadas, turba, herbáceos, especias madeira.... foi moi revelador quero copas coma estas para deleitarme cun espirituoso na miña sobremesa. A copa en cuestion chámase "single malt". Espero e confio que o pasarades tamben coma eu. Prometo repetir a experiencia para a xente que non poido vir.
Posted by Picasa

A XIBIA DE OSCAR

en unha xornada memorable, grazas pola xibia OscarPosted by Picasa

viernes, 17 de abril de 2009

Cata de Copas

O vindeiro mércores día 22 de abril imos celebrar unha cata de copas por xentileza de copas Riedel e Copama, unha experiencia coido interesante. Trátase de con sete copas e un viño escoller a máis apropiada para determinado viño. Xa vos contarei a experiencia. Ata o mércores.
Posted by Picasa

Actividades culturais

Bueno, outra actividade realizada. O pasado mércores compartimos unha sesion de cata con Paula Fandiño do máis gratificante, unha seleccion dos viños que ela alabora nas distintas adegas do grupo e que por traxectoria coido en progresion ascendente. Comezamos con unha clase práctica catando uns viños con defectos, que foi moi gráfica. Paula deleitounos cos seus amplos coñecementos é moi boa comunicadora e clara explicando os conceptos. A min particularmente sorprendeume un Gran Reserva Viña Turzallaba do ano 99, polo enteiro que ainda estaba a fruta todavia expresiva a madeira moi sublime e integrada, un viño con dez anos e con bastante percorrido. Mar de Frades que é o seu proxecto persoal, nesta colleita 2008, preséntase como un albariño con tipicidade, donde predominan os cítricos, pel de mazá moi sutil, en boca denota a variedade limpio, fresco cun puntiño salino e os citricos volven aparecer aportando esa viveza acida que lle da vida. En definitiva unha seleccion de viños modernos para competir en calquera lugar do mundo. Espero os vosos comentarios neste espazo que máis ou menos creamos para compartir as nosas inquedanzas enoloxico gastronómicas. Un saúdo moi especial para Paula Fandiño, para que continúes con esa vitalidade e paixon que transmites tambén, o teu sentir e vivir os viños.Grazas
Posted by Picasa

miércoles, 8 de abril de 2009

lunes, 6 de abril de 2009

Bueno, este fin de semana se puede decir que fué de lo más lúdico gastronómico posible. Comenzamos el sábado e el pazo de Lestrobe con una degustación de carne de CACHENA, vacas autócnonas de galicia que se están a recuperar igualmente como: LA VIANESA, CALDELÁ, LIMIÁ Y FRIEIRESA. Probamos tres cortes un asado de costilla, jarrete estofado y redondo, toda la carne muy tierna y en punto de maduración, la preparacion del jarrete fue lo que menos convencio pues unas notas de canela despistaban la personalidad de la cachena, en fin vale la pena este trabajo de recuperación, pues ganamos productos de calidad para nuestra gastronomía y revalorizamos nuestro campo.

El domingo también estubo espectacular, comenzamos por una visita a Malpica, terminando por comer en MAR DE ARDORA, un restaurante en Cabana de Bergantiños en un emplazamiento de nuestra costa espectacular. Abrió la comida un pastel de marisco (cangrejo y centolla) francamente bueno, zamburiñas, langostinos en tempura y llegaron los segundos Robaliza salvaje a la espalda, merluza rellena, rape... realmente de una calidad y preparación perfecta regado todo con un godello de D.O.Valdeorras G del Galir, fermentado sobre sus lías que armonizó perfectamente con toda la comida, como colofón a tan opípara comilona, unos gin tónic sólidos de sobremesa muy digestivos y apropiados, un duelo de chocolates y un sorbete de mango para terminar la jornada. Mar de Ardora un restaurante de lo más recomendable, seguir haciendolo así de bien, Manuel.

Posted by Picasa

miércoles, 1 de abril de 2009

ACTIVIDADES CULTURAIS

Despois de tanto comer, aunque eso si tamen bebimos. Propoño seguir cas nosas actividades, para despois de Semana Santa que vendremos todos descansadiños, un pequeno percorrido por terras de galicia, de castela e rioxa. Para degustar as novas añadas que nos presentan estas tres adegas, considero que estan en un nivel de calidade moi alto e teño curiosidade e ganas de probalos seus viños. Unha aperta e espérovos.

Posted by Picasa

AS UÑAS

Como era de esperar chegou o dia de San Lázaro e con el unha das máis tradicionais festas de Compostela. A subasta de Uñas comeza despois da misa das once, do dia vintesete con grande participación tanto por veciños interesados en mercalas como por festeiros que gustan deste tipo de eventos. O recaudado queda para arreglos da Igrexa parroquial. As uñas prepáranse con bertons, chourizos e máis patacas e a verdade tanche moi saborosas estas manitas de ministro. Os Lazaroques tamen lle fixemos os honores como se merecen.
Posted by Picasa

LAMPREAS

O pasado dia vintesete de marzo, fixemos o oportuno como foi despedir o mes cunha lampreada, por iso reunimonos Os Lazaroques como corresponde para dar conta dela. Preparouse de duas formas bastante similares pero con distintos matices, a Bordelesa estilo tradiconal, picatostes, arroz e a Bordelesa guisada con arroz xa mezclado que lle aportaba unha lixeireza e suavidade moi grata a lamprea. Eu de todas formas de todas formas a prefiro a forma tradicional. Tabache moi boa, grazas Maria
Posted by Picasa