miércoles, 10 de marzo de 2010

A DE RAFAEL

Posted by Picasa
Como xa vai sendo habitual neste ano volvimos a tomar o cocido a de Rafael y non defraudou. Comezamos cun caldo galego con cabaza un tanto doce, e máis unha sopa de cocido con fideos do máis saborosa, uns chicharrons realmente bos, acompañados dunhas croquetas estas regulares deseguido entran os grelos con patacas e filloas, servímonos e aparecen chourizos con garbanzos cocidos na mesma auga moi bos, ven o lacón un pelin duro, máis chourizos estes ceboleiros con castañas, chega a carne fresca xarrete de tenreira, polo de corral e a continuación a salgada costela, lingua, peteiro, cachucha de todo..., realmente todo moi ben cocido e gustoso. Pa remate uns melindres pequenos pero golosos (son máis ricos os de Berta), queixo do país con marmelo,tarta de queixo o forno, tarta de queixo con arándanos, tarta de chocolate, orellas e non podían faltar unhas filloas con mel flambeadas "cojonudas", Oscar de todolos xeitos prifireunas con azucre moito azucre. Unha experiencia moi gratificante, e agóra a recuperarse uns días sin colesterol, ven aí a lamprea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario