jueves, 25 de febrero de 2010

Onte día 24 celebramos unha cata degustación de varios viños do grupo Inveravante AV+Bodegas y productos selectos, e a verdade foi o colofón que necesitaba despois de unhas xornadas, que veño de disfrutar neste Fórum Gastronómico Santiago´10, acompañaronnos dous enólogos do grupo, Josephine Perry australiana i elaboradora de adegas Nora, e tamén Bertrand Sourdais francés que está o fronte do proxecto de adegas Atauta, unha auténtica gozada, os viños, a exposicion dos proxectos, as ideas novas e frescas que imprimen estos técnicos, outra vision do saber facer ben as cousas. Comezamos cos viños D.O. Rias Baixas, Nora 2008 e Nora da Neve 2006 é 2007, pasando de seguido a D.O. Mancha cos tintos Mano a Mano e Venta la Ossa, finalizando con D.O. Ribera del Duero Atalayas, Dominio de Atauta e Valdegatiles, non podo esquecerme da empanada de Mª Carmen que é o remate perfecto para despois da cata seguir charlando o redor dunha botella de viño.Confío que o disfrutarades tanto como eu.
Posted by Picasa

No hay comentarios:

Publicar un comentario