jueves, 18 de junio de 2009

ACTIVIDADES CULTURAIS BODEGUILLA

Onte día 17 de xuño, disfrutamos dunha velada realmente magnífica, PEDRO LEON GARCÍA DE OLANO, ten unha capacidade de chegar a xente dunha maneira moi amena, cun lenguaxe sinxelo e cercano, nada rebuscado nin demasiado técnico. Percorremos as terras da D.O. La Mancha e tamén, da D.O.Ca. Rioja, probando e catando os seus viños. Comezamos cun branco FINCA ANTIGUA un viño de Viura cun pequeño aporte de Chardonnay, crianza sobre lías, moi aromático e complexo, faixe untuoso e fresco en boca. De seguido pasamos a CANTOS DE VALPIEDRA, tempranillo de rioja cun pequeno aporte de cabernet sauvignon, complexo, unha mezcla de aromas florales, zarzamora, especias, en boca goloso, redondo cuns taninos amables, pero podría pasar por un tempranillo de outro lugar e non da rioja. FINCA VALPIEDRA, elaborado con temprenillo, graciano e cabernet sauvignon, un reserva de rioja con vinte meses de barrica, de aroma intenso, fruta negra madura, chocolates, tabaco, especias, unhas notas elegantes, potente en boca acidez equilibrada e taninos redondos e grasos, interesante. FINCA ANTIGUA SYRAH 2007, viño fresco, frutal, con notas minerales, pizarra, cremoso en boca e acidez equilibrada, un final de boca gustoso que pide repetir, cunha crianza de catro meses en barrica este viño está agoramesmo para beber, un caramelo. FINCA ANTIGUA PETIT VERDOT, lilas, moras, cilantro, notas de ebanísteria, fruta madura, en definitiva goloso, suave, elegante, esta añada está totalmente redonda, un gran viño. En resumo unha xornada espléndida, rematada con unha empanada e tortillas de Marcos e Lucía, xamón ibérico e un bo queixo. Unha gozada, grazas FAMILIA MARTINEZ BUJANDA a seguir elaborando asi de ben. PEDRO para ti os meus millores parabens e unha aperta. Grazas. Hoxe e día 18 de xuño e non quero esquecerme de agradecerlle a miña dona que xa me leva atorando vinteun anos, sí vinteun anos meu deus. Por outros vinte máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario