viernes, 17 de abril de 2009

Actividades culturais

Bueno, outra actividade realizada. O pasado mércores compartimos unha sesion de cata con Paula Fandiño do máis gratificante, unha seleccion dos viños que ela alabora nas distintas adegas do grupo e que por traxectoria coido en progresion ascendente. Comezamos con unha clase práctica catando uns viños con defectos, que foi moi gráfica. Paula deleitounos cos seus amplos coñecementos é moi boa comunicadora e clara explicando os conceptos. A min particularmente sorprendeume un Gran Reserva Viña Turzallaba do ano 99, polo enteiro que ainda estaba a fruta todavia expresiva a madeira moi sublime e integrada, un viño con dez anos e con bastante percorrido. Mar de Frades que é o seu proxecto persoal, nesta colleita 2008, preséntase como un albariño con tipicidade, donde predominan os cítricos, pel de mazá moi sutil, en boca denota a variedade limpio, fresco cun puntiño salino e os citricos volven aparecer aportando esa viveza acida que lle da vida. En definitiva unha seleccion de viños modernos para competir en calquera lugar do mundo. Espero os vosos comentarios neste espazo que máis ou menos creamos para compartir as nosas inquedanzas enoloxico gastronómicas. Un saúdo moi especial para Paula Fandiño, para que continúes con esa vitalidade e paixon que transmites tambén, o teu sentir e vivir os viños.Grazas
Posted by Picasa

1 comentario:

  1. Ola a tod@s. Coma sempre, noso amigo e anfitrion Xabier, deleitounos con unha cata do mais didactica e instructiva. Nesta ocasion, tratabanse de viños da Rioxa, da man de Ramon Bilbao, da Ribera do Duero co Cruz de Alba, e de Rias Baixas con Mar de Frades. O que mais destacaria de toda a cata, foi a novidade de presentar unhas botellas de viño con varios dos defectos que estes poden presentar por diversos motivos. Asi servironse viños nos que se podian apreciar claramente os defectos coma o corcho, o moho, etc. En canto aos viños servidos, para min os tintos cumpliron as expectativas que eu tiña deles, non sendo asi o branco, que realmente defraudoume un pouco, sendo un viño moi sinxelo, sin corpo, sin chiha e con unha acidez demasiado esaxerada para o meu gusto.

    Bueno, xa estou afinando o gusto e o olfato para a proxima cata do mercores que ven, na que podremos apreciar como cambia un viño dependendo da copa na que se sirva, vamos, todo un luxazo.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar