miércoles, 10 de junio de 2009

A segunda parte de esta actividade, compoñiase de un pequeño percorrido a través de viñedos de distintas zonas, comenzamos con un BRUT NATURE DE BODEGAS RAIMAT, D.O.Costers del Segre elaborado con 70% de chardonnay e un 30% de pinot noir, con abundante burbulla de tamaño medio con bo desprendemento áxil e vivaz, con elegantes notas florales e aromas de crianza, agradable en boca con boa estructura, equilibrado, suave e cun elegante e agradable tono amargo, co xamón ibérico de bellota se comportaba e armonizaba estupendamente.Catamos unha garnacha de Priorato, Bodegas Scala Dei NEGRE 2007, un viño limpo cun color granate intenso,froita madura con un fondo mineral característico e tono floral moi sutil, en boca esa froita se palpa, carnoso con boa estructura fresco e amplio, gustoume co Xamón. Pasamos de seguido a un tempranillo 100% de Bodegas Bilbainas, VIÑA PACETA crianza 2005, este viño xa elaborado polo novo enólogo da bodega Diego Pinilla, viño de un corte algo máis moderno do que nos tiña acostumados Bilbainas, con unha cor bermello granate, de aromas limpos e francos, regaliz, frambuesa en donde a crianza deixase ver ca sua vainilla, coco, tostados.. en boca equilibrado e fresco, viño redondo. Gustóume máis o brut co xamón. LA VICALANDA, un reserva de Bodegas Bilbaínas, tempranillo 100%, se nota a evolución desta bodega ca incorporación de Diego Pinilla, viño limpo granate con tonalidades púrpura, aroma intenso de froitos bermellos,regaliz, clavo e canela, un viño con corpo amplo e potente, sabroso. Levávase ben co xamón. Rematamos con un Malbec 100% con unha crianza de 6 meses en barrica, da zona de Mendoza Argentina de Bodegas SEPTIMA, bermello intenso con notas dulces de membrillos, ciruelas… vainillas e algo balsámico, en boca os taninos suaves o fan moi equilibrado e agradable. Tábache bo co xamón. Unha xornada memorable donde ANDREW HALLIWELL, técnico enólogo de BODEGAS BILBAINAS foi o noso cicerone polos variados viños que concorríoan, moi bo comunicador e coñecedor dos distintos viñedos e terruños. Grazas por facernos partícipes destas experiencias, grazas tamén a FERNANDO e MANUEL do grupo CODORNIU que nos brindaron esta oportunidade. E sobre todo a CARLOS do grupo JBCAO.
Posted by Picasa

No hay comentarios:

Publicar un comentario