jueves, 25 de febrero de 2010
Onte día 24 celebramos unha cata degustación de varios viños do grupo Inveravante AV+Bodegas y productos selectos, e a verdade foi o colofón que necesitaba despois de unhas xornadas, que veño de disfrutar neste Fórum Gastronómico Santiago´10, acompañaronnos dous enólogos do grupo, Josephine Perry australiana i elaboradora de adegas Nora, e tamén Bertrand Sourdais francés que está o fronte do proxecto de adegas Atauta, unha auténtica gozada, os viños, a exposicion dos proxectos, as ideas novas e frescas que imprimen estos técnicos, outra vision do saber facer ben as cousas. Comezamos cos viños D.O. Rias Baixas, Nora 2008 e Nora da Neve 2006 é 2007, pasando de seguido a D.O. Mancha cos tintos Mano a Mano e Venta la Ossa, finalizando con D.O. Ribera del Duero Atalayas, Dominio de Atauta e Valdegatiles, non podo esquecerme da empanada de Mª Carmen que é o remate perfecto para despois da cata seguir charlando o redor dunha botella de viño.Confío que o disfrutarades tanto como eu.
sábado, 30 de enero de 2010
miércoles, 2 de diciembre de 2009
lunes, 31 de agosto de 2009
Alma Atlántica
Hola,
Despois de tanto tempo de sequia nas nosas actividades, vai sendo hora de reanudalas,e que mellor actividade para darvos a benvida de vacacions (outros marcharemos agora en setembro), neste acto que pretende harmonizar o viño a múseca e a gastronomía. Trátase de que durante a presentacion de cada un dos viños escoitemos unha peza musical acompañada de unha determinada tapa. Os viños o merecen, a múseca tamén pero vós non o sei?. Conto con todos vos para disfrutar en compaña e seguir enriquecéndonos de toda esta cultura.
Necesito saber si vades vir ou non, para argallar todo en funcion da cantidade de xente. Por iso rógovos a confirmación.
Unha aperta e ata o vindeiro xoves día tres de setembro as 8 de seran.
lunes, 13 de julio de 2009
CATA ADEGAS VALMIÑOR
UNHA NOVA ACTIVIDADE, COMO DESPEDIDA DE VACACIONS ATA O VINDEIRO OUTONO. CRISTINA MANTILLA QUE VOLVE A SORPRENDERNOS CUN NOVO VIÑO, UN ROSADO ELABORADO EN RIAS BAIXAS. PROBAREMOLO CON ANSIA.COMENTAMOLO ATA LOGO
miércoles, 24 de junio de 2009
CRÓNICAS ATRASADAS
O pasado mércores 27 de maio,celebramos unha moi interesante xornada de cata de "Viños de xeo" (Icewine) na sala de catas La Bodeguilla de San Lázaro. José Godoy, antiguo alumno do curso de sumilleres de Marbella dirixéu unha excelente cata para os asociados de “GALLAECIA” que se anotaron.Con él nos adentramos no fascinante mundo de los "Viños de xeo”.Dende os Icewine ata os Eiswein, tan máxicos como descoñecidos; a súa vinificación, os seus oríxenes, variedades, características,… Godoy deleitounos cunha ponencia e posterior cata na que tuvimos a oportunidad de probar… JACKSON TRIGGS Vidal 2006, INNISKILLIN,Vidal 2006, INNISKILLIN Cabernet Franc 2006, INNISKILLIN Riesling, 2004, WEINRIEDER Riesling 2003 y WEINRIEDER Sant Laurent 2005.
Falar da historia dos viños de xeo, e falar da historia de Alemania neste sentido, diversos autores coinciden en situar o nacemento dos viños de xeo na rexion de Franconia en 1794. Como unha grande parte dos descubrementos da historia, por casualidade. Existe unha version romántica que di que por aquela época un señor a cabalo, a modo de correo, anunciaba que chegaba o momento de vendimiar. Aquél ano caeu enfermo e non pudo dar o aviso. Cando por fin pasóu cabalgando po los viñedos unha xeada caérae conxelara a uva e o mosto surxeu moi concentrado e doce. A outra version conta que unha xeada temprana foi a que conxelou as uvas no momento de recoller a colleita, As duas son creibles.
A istoria comtemporánea nace un pouco en 1982 en Alemania e en 1983 en Canadá que aparece por fin a categoria Eiswein, e Icewine respectivamente, de forma individual e con legislacion específica. As variedades máis utilizades son para a elaboracion do Eiswein en Alemania e en Austria, a RIESLING, i a VIDAL en Canadá para os seus Icewine. Disfrutamos como condenados, en total probamos 9 viños, tendo todo tipo de sensacions, froitas exóticas, mermeladas, orellons, compotas, fungos os rexistros son inmemsos. Mención especial senalar o INNISKILIN Cabernet Franc un rosado espectacular, si tedes oportunidade probadeo, algo costoso pero singular en trono os 125 euros en tenda a botella de 0.375 cl. Tamén cunha relación calidade precio máis axeitada o, WEINRIEDER Riesling 2003, 65 euros na tenda , totalmente redondo, pleno nada pesado, moi elegante e fino. Un placer total.
jueves, 18 de junio de 2009
ACTIVIDADES CULTURAIS BODEGUILLA
Onte día 17 de xuño, disfrutamos dunha velada realmente magnífica, PEDRO LEON GARCÍA DE OLANO, ten unha capacidade de chegar a xente dunha maneira moi amena, cun lenguaxe sinxelo e cercano, nada rebuscado nin demasiado técnico. Percorremos as terras da D.O. La Mancha e tamén, da D.O.Ca. Rioja, probando e catando os seus viños. Comezamos cun branco FINCA ANTIGUA un viño de Viura cun pequeño aporte de Chardonnay, crianza sobre lías, moi aromático e complexo, faixe untuoso e fresco en boca. De seguido pasamos a CANTOS DE VALPIEDRA, tempranillo de rioja cun pequeno aporte de cabernet sauvignon, complexo, unha mezcla de aromas florales, zarzamora, especias, en boca goloso, redondo cuns taninos amables, pero podría pasar por un tempranillo de outro lugar e non da rioja. FINCA VALPIEDRA, elaborado con temprenillo, graciano e cabernet sauvignon, un reserva de rioja con vinte meses de barrica, de aroma intenso, fruta negra madura, chocolates, tabaco, especias, unhas notas elegantes, potente en boca acidez equilibrada e taninos redondos e grasos, interesante. FINCA ANTIGUA SYRAH 2007, viño fresco, frutal, con notas minerales, pizarra, cremoso en boca e acidez equilibrada, un final de boca gustoso que pide repetir, cunha crianza de catro meses en barrica este viño está agoramesmo para beber, un caramelo. FINCA ANTIGUA PETIT VERDOT, lilas, moras, cilantro, notas de ebanísteria, fruta madura, en definitiva goloso, suave, elegante, esta añada está totalmente redonda, un gran viño. En resumo unha xornada espléndida, rematada con unha empanada e tortillas de Marcos e Lucía, xamón ibérico e un bo queixo. Unha gozada, grazas FAMILIA MARTINEZ BUJANDA a seguir elaborando asi de ben. PEDRO para ti os meus millores parabens e unha aperta. Grazas.
Hoxe e día 18 de xuño e non quero esquecerme de agradecerlle a miña dona que xa me leva atorando vinteun anos, sí vinteun anos meu deus. Por outros vinte máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)